Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Contacontos e concursos nas bibliotecas municipais

RR_Noticias

“Escenifica a túa lectura de verán” é o nome dun concurso fotográfico organizado polas Bibliotecas de Redondela no que convidan aos lectores a facer unha fotografía que dalgún xeito atenda a ese lema. As imaxes deberán ser enviadas antes do 1 de setembro ben ao facebook ou ao instagram da biblioteca. As mellores fotografías serán premiadas cun lote de libros e películas. Por outra banda, este xoves día 21 a axencia de lectura de Chapela organiza un contacontos orientado a público infantil de entre 5 e 10 anos que se desenvolverá no Multiusos do Piñeiral ás doce do mediodía.

As Bibliotecas Municipais de Redondela coa colaboración da Asociación de Amigos das mesmas, convocan un concurso fotográfico en Facebook e Instagram baixo o lema “Escenifica a túa lectura de verán”. Os participantes deberán subir ao seu perfil de Instagram (co hashtag #lecturaveran) ou ao evento do concurso en  Facebook,  unha fotografía da súa lectura estival,  ben a través dunha posta en escena do seu contido ou título, ben  unha fotografía tomada de xeito natural ou unha montaxe fotográfica. O concurso finalizará o día 1 de setembro.
Por outra banda, este xoves ás 12:00 terá lugar na biblioteca de Chapela o espectáculo “Contos dos animais da selva” dirixido á rapazada entre 5 e 10 anos. Para participar no mesmo precísase inscrición previa a través de Internet no correo bibliotecachapela@redondela.es ou chamando ao número 986-401-561.
Despois do contacontos faremos unha pequena figura, e os participantes poderán achegarse ás nosas selváticas propostas e levar estes libros para a casa.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará