Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Piden un programa de actos en recoñecemento ás mulleres que colaboraron cos presos de San Simón

RR_Noticias

O BNG ven de presentar unha moción ao pleno do concello na que demandan, co gallo do 80 aniversario do golpe de Estado do ano 36, que se implementen en Redondela unha serie de actos encamiñados a resarcir a memoria histórica e recoñecer expresamente o traballo e apoio das mulleres que colaboraron na mellora das condicións de vida dos centros de presos que pasaron polo penal da Illa de San Simón entre os anos 1936 e 1943.

Na moción presentada polos nacionalistas faise fincapé no feito de que “hai unha década, recoñecéuselle a San Simón, un destacado papel de recuperación da memoria histórica como Illa da Memoria” motivo polo que se demanda do concello que inste á Xunta de Galicia a que recupere ese carácter de illa da Memoria para o arquipiélago.
Outros dos acordos da moción pasan porque o concello en pleno exprese a súa condena do golpe de estado militar do 36 a da ditadura franquista, que se acorde “a eliminación, supresión ou anulación dos acordos, distincións e símbolos que reflictan a adhesión e colaboración da institución coa Ditadura” e finalmente que dende a administración local de promova ao longo deste ano “diversos actos de recoñecemento do labor das mulleres que de xeito desinteresado colaboraron na mellora das inhumanas condicións de vida dos presos de a Illa de San Simón”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará