Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“A casa dos ratos”, exposición no Multiúsos de Redondela

RR_Noticias

O Multiusos da Xunqueira de Redondela, acolle, dentro do espazo Sitio distinto: Xanela cultural, a mostra bibliográfica “La Casa de los Ratones” que vira ao redor do álbum ilustrado do mesmo nome da holandesa  Karina Schaapman editado por Blackie Books. Unha mostra organiza polas Bibliotecas Municipais en colaboración co Fundación Filomena Rivero que se pode visitar ata o vindeiro 30 de setembro.

A artista Karina Schaapman dedicou anos a construír e decorar La Casa de los  Ratones, escenario deste álbum infantil tan especial. A vivenda, que se pode ver na Biblioteca Central de Amsterdam, está fabricada con caixas e cartón pedra, con teas antigas e toda clase de materiais reciclados (mistos, botóns, tapóns de botella…). Ten máis de cen habitacións, corredores e espazos exteriores para explorar e un tamaño de dous metros de longo por tres de alto. Os ratiños que a habitan tamén foron deseñados e creados por Karina. Os contos de Sam e Julia foron xurdindo mentres Karina construía a casa. A exposición poderase contemplar ata o 30 de setembro.  

Mª José Villar biblioteca de Chapela
Unha exposición que fará as delicias dos máis pequenos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará