Unha carpa acollerá aos comensais nunha xornada na que se repartirán centos de racións de carne do Suído e 250 kilos de chourizo. Uns produtos elaborados de xeito artesanal con carne de animais criados en liberdade, produtos que se poderán degustar no lugar acompañados de patacas fritidas e pan a prezos populares -entre os 3 e os 6 euros- ou levalos para casa “cociñados ou sen cociñar”.
Unha celebración gastronómica que reúne a centos de veciños e visitantes e que celebra este domingo a súa XIV edición “máis que consolidada, abalada pola elevada calidade do produto e uns comensais que marchan sempre moi satisfeitos” explica dende a organización Cayetano Tamaño. Neste edición o pregoeiro será o humorista redondelán Somoza e previamente xa se procederá á apertura das casetas para degustar o produto. Durante todo o día haberá música coas Pandereteiras e o grupo da escola de música municipal. Ás 19:30 horas terá lugar un concerto a cargo da Banda de Gaitas do municipio Na xornada do sábado a Comisión organiza tamén un torneo de tute no que se esperan a participación de máis de cincuenta parellas “o ano pasado foron case 120 persoas xogando ao tute nunha competición diferente” e con premios tan apetecibles como aceite de oliva, xamóns, bacallau e chuleteiros de tenreira.