O campionato desenvolverase entre o 29 de xullo e o 17 de agosto e está orientado a xogadores de idades comprendidas entre os 16 e os 70 anos. O prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro martes día 27 e ten un custe de 8 euros. Todos os xogadores recibirán un obsequio por participar ademais de optar aos diferentes trofeos para os gañador e os finalistas. Os interesados pódense inscribir e informar no enderezo filomenariverotenis2016@gmail.com.
O torneo ofrece un total de 40 prazas que se cubrirán por rigoroso orde de inscrición. Cada xogador terá un obsequio e haberá trofeos e premios para as dúas persoas que cheguen á final, ademais dun trofeo para o xogados da fase de consolación.
Unha cita deportiva organizada pola Fundación Filomena Rivero que busca así promover as actividades deportivas ao aire libre pro seren beneficiosas para a autoestima e o físico. Colaboran New Balance e Centro Óptica Redondela así como Avene.