Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta asume a propiedade do centro de saúde de Redondela pendente dende 2006

RR_Noticias

Deste xeito o Servizo Galego de Saúde encargarase da xestión e os traballos de mantemento do edificio redondelán e dos terreos, xunto a outros 28 centros de saúde galegos. O traspaso formalizouse na xornada de onte coa sinatura dun acordo da Consellería de Sanidade e a Fegamp polo que se traspasa a titularidade de 29 centros de saúde que dependía das administracións locais e que estaban pendentes de que pasasen a ser patrimonio do Sergas dende hai dez anos.

Un acordo que responde ao Pacto local asinado en 2006 pola Xunta e a Federación de Municipios e Provincias para a cooperación entre ambas as administracións en varios ámbitos e nel incluíase a cesión ao Executivo autonómico de centros de saúde que eran titularidade dos concellos e que até agora non se realizara.
Logo da sinatura do acordo entre o presidente da Fegamp, Alfredo García, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, revisarase a documentación necesaria para levar a cabo o proceso administrativo que corresponde e será aprobado polo Consello da Xunta, que fai público así o seu compromiso da ” xestión e o mantemento” tanto dos terreos como dos edificios, á espera de que a cesión sexa definitiva cando se pechen eses trámites administrativos e pase pola aprobación do Consello da Xunta.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará