Desde hoxe luns, 1 de agosto, están abertos os prazos para a presentación de solicitudes para aqueles que queiran instalar unha barra no recinto feiral ou nas terrazas dos establecementos de hostalaría. A data límite é o 10 de agosto, o mesmo día que remata tamén a inscrición para a Gala Drag Queen.
Os interesados poden consultar as bases reguladoras nas páxinas web da Asociación de Empresarios (www.empresasredondela.com) e do Concello de Redondela (www.redondela.es). Nestes enderezos poden tamén descargar os formularios para o Entroido de Verán 2016, que se celebrará o sábado, 20 de agosto.