O Castelo de Soutomaior acolle un ano máis a Mostra de Artistas da Bisbarra organizada pola concellería de Cultura. Unha exposición que alcanza este ano a súa XXI edición e xa se converteu en todo un clásico na programación cultural da comarca.
Entre os artistas atópanse, desde afeccionados á pintura ou a escultura, novas licenciados en Belas Artes que pretenden abrirse camiño na profesión, até artistas xa recoñecidos como a invitada deste ano, a pintora Carina Rodríguez. As técnicas e materiais empregadas en cada obra varían e xunto á pintura, pódense observar fotografías, gravados e esculturas en pedra, ferro e madeira. En total, máis de 70 proxectos de diferentes disciplinas creados por unha banda importante dos artistas locais de toda a comarca, artistas que comparten o reto de xerar pezas que conteñan discursos artísticos construídos e realizados co máximo rigor conceptual e técnico, ademais de sacar a creación artística fose dos seus formatos habituais. A exposición abrirá as súas portas desde o 3 até o 30 do mes de agosto en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas.