Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta convoca axudas para a rehabilitación de vivendas nos Camiños de Santiago

RR_Noticias

A Xunta publica hoxe no DOG a apertura do prazo para solicitar as axudas de rehabilitación e reconstrución para vivendas ubicadas nos Camiños de Santiago, así como de edificios e vivendas no ámbito rural ou cascos históricos. O prazo para a solicitude das axudas remata o 9 de setembro.

A Xunta publica hoxe no DOG a apertura do prazo para solicitar as axudas de rehabilitación e reconstrución para vivendas ubicadas nos Camiños de Santiago así como de edificios e vivendas no ámbito rural. A Resolución publicada abre o prazo para a solicitude das axudas, que se poderán presentar ata o 9 de setembro de 2016. O importe total desta convocatoria é de 1,5 millóns de euros dos cales 700.000 serán destinados a actuacións no ámbito rural e 800.000€ destinados a actuacións emprazadas nos Camiños de Santiago. Estas axudas poden acadar o 50% do orzamento total da resolución, non podendo superar o límite máximo de 6.600€ para actuación de remate de fachadas, cubertas e rehabilitación e 8.600€ para as actuacións de reconstrución. As solicitudes realizaranse mediante a presentación do modelo adxunto na resolución do DOG e farase preferiblemente por vía electrónica a través da sede da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará