Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O lume segue activo en Redondela e Soutomaior logo de arrasar 200 hectáreas

RR_Noticias

Segue declarada a “Situación 2” no incendio forestal de Redondela e Soutomaior pola proximidade do lume a un núcleo de vivendas en Ventosela.  O alcalde, Javier Bas, fala de “delincuentes que prenden lume” e pide a colaboración cidadá para identificalos.

O lume iniciouse ás 16:01 horas de onte na parroquia de Soutomaior e permanece activo. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 200 hectáreas e no seu control traballan 2 técnico, 15 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 1 pa, 14 helicópteros e 3 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME). O alcalde de Redondela, Javier Bas, explicaba que o forte vento norte propiciou que as chamas se desprazasen rapidamente e chegase á parroquia de Ventosela, onde se achegaron con perigo ás vivendas. Na zona vivíronse momentos de gran angustia e nerviosismo entre os veciños pola proximidade do incendio, que obrigou a evacuar varias vivendas e aos rapaces acollidos en Aldeas Infantís, que foron trasladados ao cuartel de Figueirido. Pola súa banda, a Garda Civil desaloxou aos catro habitantes dunha vivenda no barrio de Alxán, no municipio de Soutomaior.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará