Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PsdeG redondelán denuncia o mal estado da Senda da Auga

RR_Noticias

O edil Mauro Álvarez critica a “deixadez” do goberno local ante o mal estado deste sendeiro, moi visitado nos meses de verán, e que nalgúns tramos resulta “intransitable”. Lembra que hai catro meses os veciños denunciaron xa o seu mal estado, con maleza e árbores caídas no Camiño do Tarabelo.

O concelleiro socialista advirte que a maleza acada tal altura “que cobre moitas das sinalizacións” e outras atópanse nun estado “lamentable” pola falta de mantemento. Mauro Álvarez sinala que levan meses denunciando “a falta de limpeza en viais, tramos de Camiño de Santiago e zonas recreativas públicas”. Denuncia que o goberno local “carece de previsión” e que está procedendo a limpar zonas “logo de que veciños e oposición fixeran reiteradas denuncias”. No caso da Senda da Auga destacan que se trata dun roteiro que atrae “a milleiros de persoas” ao ser unha ruta de sendeirismo moi popular, que discorre pola antiga canalización da traída da auga dende o embalse de Eiras ata Vigo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará