Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Jazz, bossa nova e swing no Meixón Music

RR_Noticias

O grupo redondelán Jazz na Terraza é o protagonista do ciclo de concertos na rúa Meixón Frío. Mañá xoves actuarán dentro do programa que organizan os locais Café da Vila e A tenda da Candelaria. Jazz, swing e bossa nova serán os ritmos que acheguen ao público desde as 20.30 horas.

A voz de Ana Area estará acompañada polos músicos Diego Calía, Antonio Castillo, Ignacio Pérez, Lucas Castellano e Rafael Tejo. Trátase de compoñentes de diferentes grupos musicais que, malia non ter aínda un nome propio como tal, reúnense para ensaiar desde hai anos. Logo dun concerto o pasado Nadal na Tenda de Candelaria, repiten este verán na programación de Meixón Music. Diego Calía explica que transitan nos tres estilos musicais, e salienta a calidade vocal de Ana Area na bossa nova. Aproveitarán o concerto deste xoves para darse a coñecer como formación nun espazo “moi especial”, no que os músicos se senten “moi arroupados” polo público ao actuar a pé de rúa. A cita musical contará tamén coa participación da Asociación redondelá de Axuda ao Refuxiado, que organiza unha proxección de imaxes e recitais para concienciar ao público sobre os problemas dos refuxiados.  

Diego Calía batería
O músico fálanos dos ritmos que interpretará o grupo.
Meixón Music
Para Calía o Meixón Music é un espazo moi especial.
Axuda ao refuxiado
A Asociación redondelá de axuda ao refuxiado participará no acto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará