Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.D. Choco homenaxea á súa afección

RR_Noticias

A nova campaña do club para captar socios ten aos propios afeccionados como protagonistas, e inclúe varios premios para os abonados, como un pase gratuíto para toda a temporada, camisetas e bufandas do club. Pero terán que acertar unha adiviña, como se chama a protagonista do cartel?

O Club Deportivo Choco realiza este verán unha nova campaña de abonados que inclúe varios premios para os seus afeccionados e, como obsequio principal o agasallo do abono de toda a tempada para ver ao Choco gratis en Santa Mariña. Ademais, a protagonista da campaña de abonados é o socio número 1 do club, que ademais exerce de imaxe da entidade. Baixo o título, Quen é a muller dá foto?, o club redondelán propón un xogo aos seus afeccionados. No cartel da campaña aparece unha foto da socia, pero está de costas. Os afeccionados que retiren o abono para esta tempada e acerten o nome da persoa do cartel entrarán nun sorteo. O primeiro premio é un abono para toda a tempada, o segundo unha camiseta da nova tempada e o terceiro serán cinco cuncas e cinco bufandas da entidade que se repartirán entre os que acerten. Os abonados deben enviar un correo electrónico ao club a c.d.choco@hotmail.com para entrar no sorteo coa resposta e os seus datos.
Abonos
O Choco mantén os prezos na súa campaña de abonados coa intención de que acudan o máximo número posible de afeccionados a Santa Mariña cada domingo para apoiar ao equipo de Terceira División. O abono individual é de 70 euros, o sub-25 (entre 18 e 24 anos) de 40 euros, xubilados e parados 50 euros, 2 abonos na mesma familia 120 euros e 3 abonos na mesma familia 150 euros. O Choco inicia a tempada este domingo ás 20:00 horas no campo de Santa Mariña ante o Arousa, un dos equipos fortes da categoría.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará