Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco comeza con mal pé ante o Arousa

RR_Noticias

O encontro estivo moi igualado, pero dous erros dos redondeláns permitiron ao areousáns poñerse por diante co 0-2 no marcador. Os de Marcos Montes recortaron distancias cun gol de penalti na segunda parte, e tiveron ocasións para a igualada, pero sen acerto á hora de definir.

Terceira División Choco 1-2 Arosa O Arousa chegou a Redondela demostrando o seu potencial, co que aspira a un posto na beza da táboa. Iván Crespo, presidente do C.D. Choco, lamenta que dous erros dos redondeláns provocaran a desventaxa local. Foron dúas accións illadas que permitiron abrir oco no marcador. Primeiro foi Eloy o que se adiantou a Gonzalo para cabecear ao fondo da portaría de Adrián Malvido un bo centro lateral e inaugurar o marcador. E pouco despois foi Sidibé o que recolleu no segundo pau un remate defectuoso de Hugo Soto á saída dun córner para ampliar a marxe. Logo do descanso Félix tivo unha moi boa ocasión para os locais, pero non foi ata minuto 65 cando o Choco materializou o gol ao transformar un penalti cometido por Vitra sobre Óscar. Esta acción supuxo, ademais, a expulsión do defensa visitante. Pero o Choco non soubo aproveitar esa superioridade numérica malia o se dominio nos últimos minutos. Tres puntos que marchan de Santa Mariña onde seguen a marcar o mesmo obxectivo que na temporada pasada: a permanencia. Malia que as dúas últimas campañas o equipo se clasificou para o “play-off” de ascenso, no club insisten en que son un equipo “modesto” dentro da categoría, e que a salvación é a prioridade. Campaña abonados O club continúa coa campaña de abonados que ten aos propios afeccionados como protagonistas que inclúe varios premios para os socios. A protagonista da campaña é a socia número 1 do club. Baixo o título, Quen é a muller dá foto?, o club redondelán propón un xogo. Os afeccionados que retiren o abono para esta tempada e acerten o nome da persoa do cartel entrarán nun sorteo. O primeiro premio é un abono para toda a tempada, o segundo unha camiseta da nova tempada e o terceiro serán cinco cuncas e cinco bufandas da entidade que se repartirán entre os que acerten. Os abonados deben enviar un correo electrónico ao club a c.d.choco@hotmail.com para entrar no sorteo coa resposta e os seus datos. O Choco mantén os prezos na súa campaña de abonados coa intención de que acudan o máximo número posible de afeccionados a Santa Mariña cada domingo para apoiar ao equipo de Terceira División. O abono individual é de 70 euros, o sub-25 (entre 18 e 24 anos) de 40 euros, xubilados e parados 50 euros, 2 abonos na mesma familia 120 euros e 3 abonos na mesma familia 150 euros. O Choco inicia a tempada este domingo ás 20:00 horas no campo de Santa Mariña ante o Arousa, un dos equipos fortes da categoría.

Iván Crespo presidente do C.D. Choco
Dous erros custáronlle o partido aos de Marcos Montes.
Obxectivo permanencia
Para o club segue a ser prioridade garantir a permanencia.
Campaña de abonados
Os socios son os protagonistas da campaña.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará