O X Festival Galego de Cabaré achega hoxe ao Auditorio da Xunqueira a súa proposta “máis perversa”, un espectáculo da Compañía Nelson Quinteiro Cabaret para “deixarase seducir” onde se permite que os espectadores se convertan en “miróns” por unha noite.
É a quenda da sesión máis “golfa” do festival, unha cita para público adulto. A Compañía Nelson Quinteiro Cabaret ofrece unha velada de alto contido estético para falar dunha das linguaxes máis ricas, a da sedución. Con Andrea Paz, Cata Otero, Carolin Carolin Sanders, Eduardo Domínguez, Lucas Borges, Nerea Brecht, Susi Ons, Yohel Santos e Nelson Quinteiro. A cita, ás 22.00 horas, entrada 5 euros.