Hoxe é Luns 18 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Jazz, pop e rock co Sindicato da Noite

RR_Noticias

A praza da Casa da Torre acolle o venres a posta de longo do grupo galego-cubano Sindicato da Noite. Afincados en Redondela, veñen de lanzar o seu primeiro disco homónimo, co que percorrerán diferentes cidades galegas. A cita é ás 22.00 horas, con entrada de balde, dentro do programa de verán da Concellaría de Cultura.

O líder da banda, o contrabaixista cubano José Manuel Díaz, aposta polo que el denomina “música alternativa”. O músico explica que o proxecto xurdiu da necesidade de “explorar” outros estilos musicais, nos que as letras “van pedindo o seu ritmo”. Sobre o pouso do jazz mestúranse tons pop, soul e ritmos de rock coa voz de Su Garrido. Canda a eles, o guitarrista Felipe Villar, Max Gómez á batería e Álex Salgueiro na frauta. No disco, que presentarán este venres na Casa da Torre, ofrecen trece temas compostos polo propio Díaz. O de presentación “Esse amor que mudou” conta con letra do escritor Xavier Queipo.  

José Manuel Díaz líder da banda
O contrabaixista fala da súa música alternativa.
Esse amor que mudou
Primeiro tema do seu disco

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará