Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Malestar na comunidade educativa do Outeiro das Penas por iniciar o curso co colexio en obras

RR_Noticias

Os máis de 200 nenos e nenas que estudan no colexio Outeiro das Penas en Cesantes atopáronse no primeiro día de curso cun edificio cuberto con estadas e redes, o amianto retirado da cuberta nun lateral do recinto, unha única porta de acceso que dificulta a entrada da rapazada e o ruído das obras que parece se vai prolongar durante semanas. Así o denuncian dende a ANPA do colexio, que amosan a súa indignación porque se iniciaran os traballos “tan só dez días antes do inicio do curso, cando vimos dun verán de tempo espléndido no que se puideron facer eses traballos previstos dende hai meses”.

Os rapaces viviron os nervios propios do primeiro día de cole pero tamén sufriron o efecto das obras no Colexio Outeiro das Penas. O descontento era patente entre pais e nais que non se explican a falta de previsión das autoridades. O cambio do tellado está financiado pola Consellería de Educación e conta cun orzamento de máis de 150.000 euros. Malia que se prevía que a obra estaría rematada no inicio do curso escolar, na mañá de hoxe país e alumnos atopáronse cunha situación ben diferente: un edifico rodeado de estadas, unha entrada pechada que obriga a todo o alumnado a acceder ao edificio por unha única porta, cos conseguintes atrasos, ruídos de taladros… Unha situación que segundo explicaba a presidenta da ANPA, Nuria Rodríguez, provocou moitas queixas polo estado en que se atopa o centro e porque tampouco coñecen a data de remate das obras, xa que ademais da cuberta do edificio principal, existe outro edifico no que aínda nin tan sequera arrancaron os traballos. A ANPA non descarta convocar mobilizacións para reclamar que os traballos se aceleren “de feito había pais que xa na mañá de hoxe propoñían que non deixáramos aos rapaces no colexio”.  

Nuria Rodríguez ANPA Outeiro das Penas
Denuncia a situación coa que se atoparon no primeiro día de curso
Sen data de remate
Descoñecen ata cando se van prolongar as obras
Mobilizarse
Non descartan adoptar medidas de presión

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará