Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arrancan as visitas teatralizadas no Castelo de Soutomaior

RR_Noticias

Dentro do Plan de Usos e Viabilidade do Castelo que ten en marcha a Deputación de Pontevedra, unha das primeiras accións encamiñadas a atraer público familiar a este inmoble atópanse as visitas teatralizadas que se van desenvolver entre o 23 de setembro e o 23 de outubro. Teñen un custe de 2 euros e cómpre inscrición previa en Turismo Rías Baixas.

O obxectivo é promover unha forma distinta de coñecer este enclave turístico, achegarnos ó novo tipo de turista que visita a provincia, máis interesado na oferta cultural e de ocio, e impulsar a desestacionalización do turismo.
As visitas teatralizadas ó castelo de Soutomaior durarán aproximadamente 45 minutos e nelas actores e actrices, vestidos de época, revivirán algúns momentos da historia do castelo. Durante o percorrido, que se vai desenvolver tanto dentro como fóra do castelo, os visitantes poderán ver desde a Pedro Madruga, ata María Vinyals ou Emilia Pardo Bazán.
As visitas, que terán lugar de xoves a domingo (os xoves e venres ás 5 da tarde, os sábados ás 11 da mañá e ás 5 da tarde e os domingos ás 11 da mañá) terán un custe de 2 € e necesitan reserva previa por teléfono en Turismo Rías Baixas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará