Os partidos apuran os últimos días de campaña e fan quilómetros para rabuñar os votos dos indecisos. Os actos e mitins sucédense por toda a xeografía e no caso do PSOE, o seu Secretario Xeral, Pedro Sánchez intensificará a súa presenza en Galicia no último día da campaña con peche en Santiago, mitin en Pontevedra pero tamén encontro con militantes e simpatizante o venres ás 19:00 horas na Alameda de Redondela. O PSOE pon a disposición da veciñanza autobuses para acudir dende Chapela. Reserva de praza no teléfono 698 108 686.
O PSdeG-Redondela pon autobuses a disposición da cidadanía para acudir ao mitin de Pedro Sánchez (Secretario Xeral do PSOE) e Xoaquin Leiceaga (Candidato polo PSdeG á Xunta) e Leonardo Cabaleiro (Secretario xeral do PSOE local) na Alameda de Redondela que terá lugar este venres 23 de Setembro ás 19:00 horas na Alameda de Redondela. Todo aquel que estea interesado en acudir ao mitin e desexe contar cunha praza de autobús, deberá contactar co teléfono: 698 108 686.