Medio cento de comercios trasladarán os seus produtos á Alameda de Redondela na primeira fin de semana de outubro. Unha feira de oportunidades que chega a súa sexta edición completamente consolidada e que quere ampliar tanto o número de participantes como de actividades, cunha sección dedicada exclusivamente á gastronomía e a alimentación. Haberá ademais un espazo dedicado aos máis pequenos con inchables e actividades infantís.
Unha feira xa consolidada que quere seguir ampliando a súa oferta coa inclusión nesta sexta edición de catro locais que centrarán a súa oferta na gastronomía e na alimentación, cun forno de leña no que se elaborarán pizzas ao momento e unha sección de produtos delicatesen. O presidente da asociación de empresarios, Enrique Lago, salienta as vantaxes deste tipo de actividades que permiten ao comercio local saír a rúa e desfacerse do stock así como incontables vantaxes para os consumidores “que se atopan cun comercio ao aire libre no que hai diferentes produtos con descontos que serán establecidos por cada establecemento” Trascorridos seis anos dende a primeira edición na que participaran só unha veintena de comerciantes, hoxe dende a Asociación falan dun evento plenamente consolidado con máis de medio centenar de participantes. Un balance moi positivo segundo Carro quen engade que “nesta edición superamos as previsións”. Un evento que conta tamén coa colaboración do Concello. “É unha obriga para a administración facilitar na medida do posible a realización de actividades como esta nas que s involucra o tecido comercial malia tratarse dun momento difícil para o sector” en palabras da Concelleira Teresa París. O horario de apertura da feira será das dez da mañá ata as dez da noite en horario continuado o sábado e dende as once ata as nove o domingo. Ao longo de todo o día haberá diversas actuacións co obxecto de animar aos veciños a que se acheguen e comproben as ofertas e descontos cos que poderán atopar nos postos instalados na Alameda.