Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR comeza a liga con boas sensacións

RR_Noticias

Con 18 equipos nas distintas categorías, a SAR consolida o seu proxecto no deporte base ao tempo que compite a un excelente nivel cos equipos sénior. Tanto na División de Honra Prata Feminina como na Primeira Nacional Masculina o obxectivo do club é manter a categoría con deportistas redondeláns.

O presidente da SAR, Aurelio Krook, ten claro que o club debe aspirar a igualar, ou se cabe mellorar os resultados da pasada campaña. Cos pés na terra, tamén entende que aspirar a un salto de categoría non sería sensato, xa que suporía un reto inasumible a nivel económico para unha entidade como a SAR. Tanto o equipo sénior masculino como o feminino arrincaron a tempada en casa. As mozas superaron ao equipo santanderino Uneatlántico BM Pereda por 21-17. O resultado serve non só para sumar os primeiros puntos, senón tamén para comezar a liga “cunha inxección de moral” que disipa calquera dúbida sobre o nivel das xogadoras. A SAR Plastic Omnium perdeu o seu encontro ante o Construcións Castro BM Porriño, cun axustado 23-26 que malia a derrota deixou “moi boas sensacións” do equipo de Carlos Rey. Ate os últimos minutos non se decidiu o partido e os redondeláns estiveron a un alto nivel, malia que pagaron a súa “falta de experiencia”, segundo Krook. Na próxima xornada, segunda de liga, os dous equipos teñen que desprazarse. No caso do combinado feminino cunha longa viaxe a Valladolid para medirse ao Hand Vall Olibher. Será o domingo ás 12.30 horas no pavillón municipal da Cisterniga. Os pupilos de Carlos Rey xogan na Cañiza ante o Saeplast, un equipo novo pero moi forte, que se incorporou á categoría co obxectivo de consolidarse. Será o sábado ás 18.30 horas. Base sólida O futuro da SAR está asegurado coas xeracións que veñen de cadetes, alevíns, benxamíns e escolas deportivas. En total 18 equipos aos que se suma o equipo de Primeira Autonómica, formado integramente por xogadores da canteira, e que serán o relevo para o conxunto de Primeira Nacional. Na categoría feminina tamén se incorpora o equipo de Autonómica, ao que as xogadoras se irán incorporando desde xuvenís como paso previo á División de Honra Prata.  

Aurelio Krook presidente
O obxectivo do club é salvar a categoría tanto na Primeira Nacional como na Prata Feminina.
Honra Prata Feminina
O comezo de liga con vitoria sobre o Unetlántico Pereda foi moi positivo.
Primeira Nacional
A SAR Plastic Omnium deixou unha boa imaxe malia a derrota ante o Porriño.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará