Un total de dez asociacións, colectivos e centros culturais repartiranse ás axudas que o Concello de Redondela concede co obxecto de favorecer a realización de actividades destinadas á promoción da muller e a igualdade. Tres colectivos solicitantes quedan fóra do reparto ao non cumprir cos requisitos establecidos nas bases.
A asociación cultural e social de Chapela con 1.877 euros é a que recibe a maior subvención para a realización dun curso de manualidades e restauración, mentres que o círculo cultural de Cesantes contará con 1.548 euros para custear a realización dun curso de corte e confección. Contías semellantes as que se lle conceden ao centro social e cultural de Cedeira para unha actividade de cociña tradicional (1370 euros), un curso de cociña e risoterapia organizado pola Asociación de veciños San Esteban de negros que será financiado oca mesma cantidade, ou a actividade de Pilates que se desenvolverá no círculo de Chapela subvencionado con 1.302 euros. En Saxamonde a Asociación de mulleres Arela contará con 1.165 euros para realizar un curso de Nutrición e saúde, as Mulleres rurais con 904 para desenvolver un curso de Alimentación Saudable e a petición da Asociación Miñoteira para financiar un obradoiro de memoria contará con 1.028 euros para o seu desenvolvemento.
Contías algo menores as que recibirán a Asociación de mulleres agarimo de Chapela para a realización dun curso de encaixa de bolillos (822 euros) mentres que o centro cultural de cabeiro poderá financiar con 575 euros unha actividade de arte floral.
Non foron concedidas as axudas solicitadas polo grupo de baile Anaquiños, a Sociedade cultural do Viso nin a Asociación Cultural e deportiva de Rande ao non contaren estas asociacións con representación no Consello Municipal da Muller.