Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Leonardo Cabaleiro (PSOE): “Que falen as bases”

RR_Noticias

O secretario xeral dos socialistas redondeláns, malia recoñecer e non restar importancia ao difícil momento que está a atravesar o seu partido a nivel estatal con dúas faccións enfrontadas: os que apoian a Pedro Sánchez e os que esixen a súa dimisión coa andaluza Susana Díaz á cabeza, entende que o PSOE “vai sair reforzado”. Insiste en que non hai posicionamento oficial do PSOE a nivel local “non se reuniu a executiva” pero a título persoal defende a postura de Sánchez “que falen as bases”.

A crise interna no PSOE precipitouse a raíz dos malos resultados acadados polo PSOE tanto no País Vasco como en Galicia o pasado domingo, pero xa se viña fraguando dende hai meses. As dúas posturas enfrontadas sobre que posición adoptar ante unha hipotética nova sesión de investidura de Mariano Rajoy: votar non (postura defendida por Sánchez) ou absterse e permitir que goberne o PP (postura defendida polos “críticos” con Susana Díaz a cabeza) deu como resultado onte a dimisión de 17 membros da Executiva socialista con intención de forzar a dimisión de Sánchez. O líder do PSOE malia todo mantense e avoga por un calendario que pasa por celebrar primarias e que sexa a militancia quen se pronuncie. Na mesma liña manifestase tamén o secretario xeral dos socialistas en Redondela, Leonardo Cabaleiro quen insiste “que falen as bases”. Sobre a postura do PSOE de Pontevedra, controlado por Caballero e cuxo secretario provincial Santos Héctor manifestábase onte en contra de Sánchez apoiando ás dimisións da executiva e polo tanto ao sector crítico, asegura Cabaleiro que “a opinión de Santos Héctor é moi respectable pero non ten porque ser compartida polas agrupacións locais”. Finalmente insiste en que o máis beneficioso tanto para o partido como para a vida política é que a crise se peche canto antes e asegura que deste proceso “o PSOE vai saír reforzado”.  

Leonardo Cabaleiro Secretario PSOE Redondela
Defende que se consulte ás bases
Apinión a nivel provincial
A opinión de Caballero ou Santos Héctor non representa o sentir unánime das agrupacións locais

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará