Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Intensa fin de semana en Redondela: Feira de oportunidades, Artelixo e Festa da mazá

RR_Noticias

Rebaixas e oportunidades na Feira do Comercio local que celebra a súa VI edición sacando a rúa a medio cento de comercios que ofrecerán os seus productos na Alamaeda, cita gastronómica en Negros coa XXI edición da Festa da mazá ou o Artelixo, que mantén as súas esculturas por rúas e prazas do concello e que celebra a súa xornada de clausura na tarde do sábado, completan esta intensa primeira fin de semana de outubro.

Medio cento de comercios trasladarán os seus produtos á Alameda de Redondela na primeira fin de semana de outubro. Unha feira xa consolidada que quere seguir ampliando a súa oferta coa inclusión nesta sexta edición de catro locais que centrarán a súa oferta na gastronomía e na alimentación, cun forno de leña no que se elaborarán pizzas ao momento e unha sección de produtos delicatesen.
O horario de apertura da feira será das dez da mañá ata as dez da noite en horario continuado o sábado e dende as once ata as nove o domingo. Ao longo de todo o día haberá diversas actuacións co obxecto de animar aos veciños a que se acheguen e comproben as ofertas e descontos cos que poderán atopar nos postos instalados na Alameda.
Artelixo
Durante estes días os veciños poderán seguir gozando das 34 composicións escultóricas en escaparates e rúas elaborados con materia de refugallo e que conforma esta nova edición do Artelixo. Un certame que vivirá a súa xornada de clausura o sábado con actividades na pista de baloncesto da Alameda, lugar no que se realizará o sonalixo e o parnalixo. Un espazo no que os que así o desexen poderán interpretar a súa música e recitar os seus poemas.
Festa da mazá
A XXI edición deste certame que se celebra en Negros arrancará o sábado ás 20:00 horas cando se abran as casetas de degustación nas que se servirán numerosos pratos nos que un dos seus ingredientes estrela será a mazá da parroquia e que se servirán a presos populares: o prato estrela de mazá con bacallau servirase a 7 euros, a costela a 4 e a brocheta de polo a 3 euros. O chourizo a sidra despacharase por 3,5 e a botella de sidra, da que se prepararon catro mil litros, custará 2 euros. O domingo, día grande da celebración, as casetas de degustación comezarán a servir xa as onde da mañá e o pregón, que se poderá escoitar a unha do mediodía, correrá a cargo do popular transformista Cristian de Samil.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará