A Casa da Cultura acolle este venres ás 20:00 horas a proxección do documental Arde Madrid, una obra na que Antonio Caeiro repasa a situación que viviron os nenos españois durante a Guerra Civil. Historias e vivenzas persoais do día a día en Madrid dende o fatídico 18 de xullo dO 1936 ata aquel outro do 1 de abril de 1939. Unha actividade enmarcada dentro do ciclo Memoria e Vida que organiza a asociación Alén Nós.
Arde Madrid comeza cunha viaxe ao pasado duns nenos que viviron a súa infancia e adolescencia no medio dunha batalla que ía a decidir o seu futuro naquel presente dos anos trinta. É tamén unha viaxe física polo baixo terra da cidade que os retivo, ao lombo dun transporte que os comunicou e que, ao mesmo tempo, deulles refuxio: o metro de Madrid. Ángeles García-Madrid, recentemente falecida, sae da súa casa e introdúcese no subterráneo do que van saer historias da infancia. Cando volven sair á rúa o país cambiara e só queda á vista o lugar ó que foran a vivir boa parte dos seus amigos e que sirve tamén como final do documental: o cemiterio do Este. Eduardo Haro Tecglen, Concha Carretero, Vicente Ibáñez, Manuel Sánchez, Carmen Ortiz, Maruja Borrel, Martín Blanco, Felisa Trampal, Carlos Sáchez, Nieves Torres, Cristobal Yagüe, Jesusa Martín e Julia Redondo son as persoas cuxos testemuños quedan refletidos no documental ao longo dos 57 minutos que dura.