Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Kendo, arte marcial xaponesa, chega a Redondela

RR_Noticias

O pavillón da Marisma acolle o domingo 9 a celebración do I Trofeo Kendo Concello de Redondela. Unha actividade organizada polo Club Kendo de Vigo, a Federación galega de Judo e a Concellería de deportes, que quere con esta actividade “apostar por novas modalidades deportivas que non son maioritarias na nosa contorna”. A competición celebrarase dende as 11:30 ás 14:00 horas e a entrada ao pavillón é gratuíta. É a primeira vez que Redondela acollerá un torneo desta arte marcial.

O Kendo é unha arte marcial xaponesa no que se emprega unha armadura ou un sable de bambú ou madeira. Os seus inicios habería que buscalos nos antigos guerreiros Samurai do Xapón, unha loita con sable que foi evolucionando ata espallarse por moitos países, incluídos España, aínda que a súa práctica segue a ser pouco coñecida. Con todo, en Vigo funciona dende hai oito anos un club que promove esta disciplina e cuxo presidente é Luis Fernández. Asegura que se trata dunha modalidade que ten moita aceptación en toda a bisbarra. Dende a Secretaría xeral para o deporte da Xunta, Guillermo Reinaldo aplaude o labor de concello como o de Redondela por “sumarse á difusión e apoio de deportes pouco difundidos pero moi espectaculares”  

Julio Moguán Concelleiro de deportes
Unha aposta polos deportes minoritarios
Luis Fernández Club Kendo Vigo
Unha disciplina que ten moi boa acollida na bisbarra
Guillermo Reinaldo Secretaría Xeral para o Deporte
Deporte pouco difundido pero moi espectacular

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará