Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os redondeláns cren que o PSOE debe consultar coa militancia a abstención ao goberno de Rajoy

RR_Noticias

Unha xestora presidida polo asturiano Javier Fernández dirixe agora o PSOE logo da dimisión de Pedro Sánchez. Logo duns días de “bochorno” na familia socialista, o partido afronta agora o desbloqueo do goberno central. Os redondeláns entenden que a decisión de favorecer un goberno do PP debería ser consultada coas bases do partido.

Os críticos a Sánchez comezaron a falar esta semana máis abertamente da necesidade de favorecer a formación dun goberno do PP coa abstención. E mentres algúns dirixentes entenden que debería ser a militancia os que tomaran a decisión, outros rexeitan facer esta consulta. A xente, na rúa, defende que os militantes “son os que outorgan a forza ao partido”, polo que deben ser eles os que decidan. Veciños de Redondela como Raquel ou Susana defenden que se faga a consulta. Un cambio de posición do partido tan transcendente debe ser aprobado polas bases, segundo María, xa que que moitos votantes socialistas “non queren un goberno de Rajoy”. E Juanjo advirte que se o PSOE toma a decisión de absterse sen consultar coas súas bases “serán castigados polo electorado”. Algúns deputados socialistas próximos a Sánchez xa anunciaron que votarán “non” a Rajoy, malia o que decide o Comité Federal. Unha postura que para Jaime sería a máis “honrada”, e que crearía un verdadeiro “cisma” no PSOE. A alternativa a favorecer un goberno do PP sería a celebración dunhas terceiras eleccións, dado que a posibilidade dun goberno alternativo semella estar xa pechada. A nova executiva do PSOE quere evitar as urnas en decembro, aínda quen hai quen non o ve con malos ollos. Xavier entende que se as bases do PSOE se postulan en contra da abstención, celebrar novas eleccións non sería un problema. Entende que moito peor sería “favorecer un goberno do PP da Gurtel”. O presidente da xestora do PSOE, Javier Fernández, convocará aos “baróns” a próxima semana para tratar de lograr o maior consenso posible sobre a posición do partido na investidura.      

Consulta á militancia
Raquel entende que o PSOE debe consultar a decisión coas súas bases.
Votantes socialistas
María pensa que os votantes socialistas non queren un goberno de Rajoy.
O prezo da abstención
Juanjo pensa que se o PSOE se abstén sen consultar coa militancia vai ser castigado polo electorado.
Cisma no PSOE
Algúns deputados anunciaron que votarán non. Jaime pensa que é o máis honesto.
Terceiras eleccións
Xavier pensa que facilitar un goberno de Rajoy é peor que celebrar terceiras eleccións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará