A Asociación de mulleres Arela da parroquia de Saxamonde ten aberto o prazo de inscrición para participar nun obradoiro que se impartirá nos meses de novembro e decembro financiado pola Deputación e no que se achegará aos participantes diferentes modelos de autoemprego. As persoas interesadas en se inscribir poden facelo nos teléfonos 661 837 597 ou no 606 722 635. Poden tamén informarse a través do correo arelamulleres@gmail.com. A Asociación organiza tamén unha excursión ao Grove o domingo 13.
A Asociación Areala abriu o prazo de inscrición para participar neste obradoiro formativo no que se ensinarán técnicas de autoemprego e de creación de empresas. O programa, subvencionado pola Deputación de Pontevedra, serviralle aos participantes para pór en valor os recursos propios e locais a nivel humano, patrimonial ou ambiental, crear proxectos de autoemprego e achegarse á fórmula cooperativa e as súas posibilidades.
Está previsto que o curso se imparta na Escola de Saxamonde nas tardes dos venres de novembro e o primeiro de decembro en horario de 16:30 a 20:30 horas. A actividade está dirixida a mulleres de todas as idades e será impartido pola cooperativa de traballo asociado Feitoría Verde cunha ampla experiencia neste tipo de obradoiros.
Por outra banda, Arela ten aberto tamén o prazo de inscrición para participar dunha excursión ao Grove, paseo en barco con degustación, Illa da Toxa, monte da Siradella e praia da Lanzada. Unha saída que terá lugar o domingo 13 ás 9:30h. e cuxo prezo é de 12€ os adultos e 8€ os menores de 12 anos. Cómpre inscrición antes do 5 de novembro.