Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Panadaría presenta a comedia “Panamericana”

RR_Noticias

Continúa o ciclo Outonoteatro cunha nova representación o sábado ás 20:00 horas no Auditorio da Xunqueira a cargo da compañía A Panadaría quen presentan “unha comedia con sabor a guiso tropical”. Música en directo, monicreques e traballo actoral a cargo de tres actrices que nos deixan de transformarse sobre o escenario. As entradas pódense xa retirar no Multiúsos a un prezo de 5€ (3€ reducida).

  O argumento xira en torno a Miranda Celia del Río, unha artista de éxito no seu país, Panamérica, pero que ante a presión da fama decide fuxir na procura dunha vida mellor. A súa escapada finaliza en Provincia, una vila na que se terá que enfrontar a un laberíntico e absurdo aparato burocrático, sanitario e financeiro. Unha historia que nos contan as actrices Areta Bolado, Noelia Castro, Ailén Kendelman que representan no escenario a un total de 24 personaxes e botan man da música en directo e dos monicreques para trasladarnos ao seu universo. A obra poderá verse o sábado ás 20:00 horas no Multiúsos dentro do ciclo Outonoteatro que organiza a Concellería de Cultura. O prezo da entrada é de 5€ público en xeral, tres euros estudantes, xubilados e desempregados.  

Ailén Kendelman actriz
Fálanos da obra

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará