Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ana González Rivera: “Xogar no Deportivo é un salto importante a nivel futbolístico e persoal”

RR_Noticias

Procedente do Sárdoma, esta xogadora redondelá de 21 anos, está a vivir un soño feito realidade. Anita, como é coñecida no mundo deportivo, compaxina os seus estudos de INEF e os adestramentos co Depor na cidade herculina. Non se esquece da súa vila natal e lembra todos os esforzos que fixeron posible ter chegado a onde agora está.

A gardameta asegura estar a vivir unha experiencia “fantástica” a todos os niveis, e recoñece que nunca pensou en chegar á ser titular na Segunda Nacional cando, sendo unha adolescente, deixou o seu equipo local polo Erizana. Logo chegou o salto de categoría ao Sárdoma, e agora o Deportivo. Asegura sentirse ben na Coruña, malia que se recoñece sempre “redondelá”. O proxecto do Deportivo Feminino é moi ilusionante para ela. O equipo naceu esta temporada, pero coa ambición de crear un conxunto de calidade para competir na Segunda Nacional con garantías. Anita destaca que en moi pouco tempo o adestrador, Manu Sánchez, fixo un equipo compensado e competitivo, que conta con algunas das mellores xogadoras da categoría. Algunhas procedentes do Sárdoma, como o caso da redondelá, outras chegadas do Orzán ou Friol. A Segunda Nacional é unha categoría moi esixente, como xa coñece pola súa experiencia no Sárdoma. O Deportivo, logo da vitoria a pasada fin de semana en Vigo ante o Sárdoma (1-5) mantén o liderado do grupo. Con 19 puntos están dous por riba do segundo, o Oviedo Moderno. Ante as asturianas empataron a ceros, e o resto de partidos de liga cóntanos por vitorias. Algunhas tan avultadas como o 12-0 ao Atlético Arousana ou o 11-0 ao Victoria. Unhas diferenzas de nivel que Anita atribúe á xuventude de moitos dos planteis da categoría. Con todo, advirte que na segunda volta os equipos estarán máis asentados e será “moi diferente”. Logo do parón de liga desta fin de semana regresan á competición o día 30, será ante o Xixón, equipo afundido na parte baixa da táboa.

Ana González "Anita"
Recoñece que cando empezou no fútbol non agardaba chegar tan lonxe e fala da súa nova etapa na Coruña como un "gran paso" persoal e deportivo.
Deportivo Feminino A
O novo proxecto do Depor é un equipo moi completo e competitivo.
Segunda Nacional
Nas primeiras xornadas víronse grandes diferenzas entre os clubs que Anita pensa que se irán suavizando na segunda volta.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará