A actividade, organizada pola Concellería de medio Ambiente terá lugar este mércores ás 20:00 horas impartida por un técnico da empresa Estela quen informará aos asistentes da problemática ambiental que supón a entrada de especies alóctonas nos nosos ecosistemas. A inscrición pode facerse no teléfono 986 400300 ou no enderezo medioambiente@redondela.es. A actividade completarase o sábado cunha ruta-paseo.
No transcurso da actividade darase a coñecer a problemáticas destas especies nos nosos ecosistemas e aprenderase a recoñecelas así como as medidas de control para que non rematen colonizando o espazo das especies autóctonas. A formación constará de dúas sesións, unha teórica e outra práctica.
A primeira desenvolverase mañá ás 20:00 horas. Durante unha hora falarase das especies invasoras, das súas consecuencias nos ecosistemas e colonizan, a súa identificación e maneiras de eliminalas.
Xa o sábado 22 ás 10:30 celebrarase unha ruta-paseo de tres horas de duración na que se levará a práctica todo o visto na charla teórica.