Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela acolle un recital multilingüe dentro do obradoiro internacional Con barqueira e Remador

RR_Noticias

A Illa de San Simón acolle ata o vindeiro sábado a V edición do taller de tradución poética Con barqueira e Remador, coa participación de seis recoñecidos poetas e tradutores procedentes de diversos países baixo a coordinación da poeta galega Yolanda Castaño. Como actividades paralelas e abertas a todo o público o Multiúsos celebra este venres 21 ás 20:00 horas un recital poético multilingüe onde se escoitarán os textos orixinais de cada un dos convidados e a súa tradución ao galego.

Nesta V edición, patrocinada pola Consellería de Cultura e o Concello, participan a galega Dolores Tembrás, o croata Damir Sodan, a búlgara Tsvetanka Elenkova, o estoniano Igor Kotjuh, a galega e poeta en castelán Miriam Reyes e o ucraniano Ostap Slyvynsky. Durante toda a semana terán a oportunidade de intercambiar experiencias, opinións e puntos de vista e traballarán para traducir os poemas dos seus compañeiros a súa lingua de orixe.
Este autores participarán tamén nos diferentes actos abertos e gratuítos que se van desenvolver na Casa da Luz en Pontevedra o día 19, no Mercado do Progreso en Vigo o día 20 e xa o venres en Redondela ás 20:00 horas no Multiúsos. Uns recitais poéticos multilingües que permitirán escoitar o texto no idioma orixianal dos seus autores seguidas das traducións ao galego.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará