O Pavillón da Marisma acolle na maña de hoxe a Copa Galicia de baloncesto que organiza a Federación Galega de Deporte Adaptado coa participación de oito equipos a partir das dez e media. O acto de entrega de trofeos está prevista para as dúas da tarde.
A competición desenvolverase no pavillón da Marisma e conta coa colaboración do concello. Disputaranse en dúas categorías a de xogo e mixto. Na primeira están o Aspanaex, Praia de Samil e Vilagarcía. Na segunda figuran inscritos o Aspanaex, Aceesca, Apader, Méndez Nuñez e Vilagarcía. Ao longo da xornada celebraranse trece encontros.