Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O RedondelaFS remonta e faise co partido en Mos

RR_Noticias

O equipo segue no terceiro posto da categoría logo de vencer 3-4 ao Celado. Único equipo local que se mantén na parte alta da categoría, nunha tempada na que os equipos de Chapela está a sufrir máis que en anos anteriores. Así o Arealonga, malia a vitoria ante o Manzaneda por 3-0 ocupa a decimo segunda praza na liga galega sur, e o Campito sitúase na penúltima posición logo de caer derrotado 4-3 ante o Beade.

Partidos correspondentes á sexta xornada de liga, nos que tanto o Arealonga como o Redondela lograron a vitoria mentres o Campito colleitaba unha nova derrota que o relega aos últimos postos da táboa.
O Redondela  F.S visitaba a difícil cancha do Celado, equipo que malia non estar en boa posición na clasificación é un duro rival. De feito, o partido arrancaba con vantaxe para os locais que se adiantaban no marcador con dous tantos. Con todo, o Redondela non vacilou e logrou a remontada ata chegar ao final co resultado de 3-4. Unha nova vitoria que mantén aos de Redondela na terceira praza da categoría, posición que deberán defender na vindeira semana ante un duro rival, o Verín, equipo situado na segunda praza.
Peor lle van as cousas aos outros dous equipos locais que militan na categoría, Así o Arealonga, malia vencer 3-0 ao Sporting Manzaneda, sitúase na decimo segunda posición. O vindeiro sábado xogan no CUVI ás sete da tarde e fano co líder, o Lume.
E penúltimo é o Campito, equipo que caía ante o Beade por 4-3. A próxima cita será co Valladares, un encontro que disputarán en Chapela
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará