A Lanzadeira de Emprego de Redondela, RE[D]LÁNZACHE, está integrada por unha vintena de persoas desempregadas que se reúnen diariamente para adestrar un método innovador de procura de traballo: en equipo, proactiva e diferencial. Unha iniciativa que comezou a funcionar en xuño, impulsada por Fundación Santa María a Real, Fundación Telefónica e a Xunta de Galicia, coa cofinanciación do Fondo Social Europeo.
Ademais de empregar diversas ferramentas para buscar traballo de forma innovadora e colectiva, recibindo o apoio de numerosas entidades e persoas para chegar á súa meta laboral tamén colaboran en iniciativas sociais, como a desenvolvida polo banco de Tapóns do baixo Miño (Banta), unha plataforma solidaria creada para axudar a nenos con necesidades especiais ou que padecen algunha enfermidade.
Concretamente, axudaron a voluntarios de Banta a ordenar os tapóns de plástico que a entidade almacena, para clasificar os que son válidos e os que non e comprometéronse a recoller máis tapóns con axuda de amigos e familiares.