Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP solicita unha nova depuradora afastada das vivendas e colexios e con maior capacidade

RR_Noticias

Os malos cheiros procedentes da depuradora da Marisma son unha constante que afectan aos veciños da zona así como os usuarios tanto do centro de saúde como dos colexios e instalacións deportivas existentes nas súas inmediacións. Unha depuradora construída no ano 1992 e que na actualidade non conta con capacidade suficiente para o tratamento das augas residuais de todo o concello. Por este motivo, dende o PP solicitan o apoio do pleno para solicitar ao goberno da Xunta a construción dunha nova depuradora con maior capacidade nun lugar máis axeitado. A moción debaterase no pleno que se celebra hoxe ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira.

O Grupo Municipal do PP presentará no Pleno  esta moción na que piden o apoio da coporación para instar ao Goberno galego a que faga os estudos necesarios para atopar unha nova ubicación para a Planta de Tratamento de Augas e que, ao tempo, se inicien os trámites para dotar de financiamento a construción dunha nova depuradora e a súa execución.
Os populares estiman que a planta, construída hai case 25 anos, levantouse nun lugar que non era o máis axeitado. A depuradora, maila a que co tempo someteuse a obras para mellorar o seu rendemento e para acabar cos cheiros que causaba na contorna “non é xa suficiente para dar bo servizo aos veciños a pesar dos traballos que se están a levar a cabo de separación de fecais e pluviais” explican os populares, quen engaden que “nos últimos anos estase a ampliar a rede de saneamento nas parroquias polo que necesitamos unha depuradora axeitada para a tratamento de todas as augas residuais da vila”.
En base a estas consideracións e pola súa proximidade a zonas escolares, deportivas e de vivendas, o PP estima que chegou o momento en que toda a Corporación aprobe a construción dunha nova depuradora, máis grande e moderna, con mairo capacidade para o tratamento de augas residuais e nun lugar afastado das vivendas e instalación deportivas e educativas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará