Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A oposición forza a denuncia do contrato de Aqualia contra o criterio do PP

RR_Noticias

A medida, proposta por AER e aprobada cos votos en contra do PP, permitirá que o servizo saia novamente a concurso ou sexa remunicipalizado no 2018, ano no que remata a concesión que no 1993 se lle concedeu a Aqualia. En caso de non realizarse esta denuncia a empresa actual podería prorrogar o contrato cada cinco anos ata un máximo de 50.

O Pleno de Redondela aprobou a moción presentada pola Agrupación de Electores pola que se establece a denuncia do contrato actual do servizo concedido no ano 1993 á empresa Aqualia para a xestión da auga e o saneamento. A proposta contou co apoio de todos os grupos da oposición e o voto en contra do PP quen argumentou que remunicipalizar este servizo é inviable “o concello non conta cos medios nin os traballadores para xestionar un servizo tan complexo como este” e cualificou a proposta de “improcedente e inconsciente ao carecer dun estudio previo”. Pola súa banda o PSOE defendeu a moción aínda que sen manifestarse claramente a favor dunha remunicipalización. Neste sentido Eduardo Reguera defendía que se elabore un estudo serio no prazo de cinco meses no que se estableza que é máis beneficioso para o concello: sacar o servizo novamente a concurso ou que pase a súa xestión a mans do propio concello. En todo caso, dúas opcións que necesariamente precisan da denuncia do contrato motivo polo que deron o seu apoio a proposta de AER. Pola súa banda, tanto Raquel Quintans como o nacionalista Xoan Carlos González amosaron a súa conformidade por remunicipalizar o servizo “malia tratarse dun servizo complexo entendemos que logo de 25 anos en mans de Aqualia, o servizo que presta a concesionaria non é satisfactorio e consideramos que “e factible que volva a mans do concello”. O voceiro de AER, Ricardo Figueroa insistía en que a proposta é viable “hai concellos como Teo ou cidades como León que remunicipalizaron o servizo da auga e lograron un aforro respecto de cando estaba en mans privadas”.  

Carmen Amoedo PP
Unha proposta improcedente e inconsciente segundo o PP
Eduardo Reguera PSOE
Solicita un estudo antes de 5 meses para valorar as opcións
Ricardo Figueroa AER
A Agrupación de electrores defende a viabilidade de remunicipalizar o servizo
Xoán Carlos González BNG
Os nacionalistas entenden que a remunicipalización beneficiará a veciños e traballadores

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará