Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A oposición rexeita solicitar o traslado da depuradora ao descoñecer a súa nova ubicación

RR_Noticias

O PP non logrou o apoio do pleno para solicitar ao goberno da Xunta a construción dunha nova depuradora afastada de vivendas e colexios e con maior capacidade. Os grupos da oposición votaron en contra por entender que “unha proposta de tanta envergadura para Redondela” debería pasar previamente por comisión de goberno e ir acompañada dun informe non que se analice a súa posible ubicación e o custe que lle suporía ás arcas municipais ese traslado”. Os populares entenden que o voto en contra da oposición “responde ao seu obxectivo de obstaculizar o goberno”.

A voceira popular, Carmen Amoedo era a encargada de defender a necesidade de trasladar unha depuradora que provoca malos cheiros nunha zona como a A Marisma na que ademais de vivendas hai colexios, un centro de saúde e instalacións deportivas. Unha depuradora construída no ano 1992 e que na actualidade, segundo dixo, non conta con capacidade suficiente para o tratamento das augas residuais de todo o concello. Por este motivo, solicitaban o apoio da corporación para instar ao Goberno galego a que faga os estudos necesarios para atopar unha nova ubicación para a Planta de Tratamento de Augas e que, ao tempo, se inicien os trámites para dotar de financiamento a construción dunha nova depuradora e a súa execución. Unha proposta que se atopou cunha reacción unánime dos grupos da oposición quen criticaron que a moción carecese dun diagnóstico claro da situación da depuradora, que non se incluísen datos sobre a súa futura ubicacións e que non se achegase información sobre as supostas conversas que en torno a este tema xa mantivo o goberno local cos responsables da Xunta. Dende o BNG tamén criticaron que hai tan só tres anos se investisen nesas instalacións 200.000 euros “asegurando que ía ser a solución aos cheiros e agora recoñezan que non serviu para nada”. Reclamaban que antes de solicitar o traslado debería realizarse un estudo serio sobre a existencia doutras alternativas. AER manifestábase no mesmo sentido e solicitaba ao PP que deixase a moción sobre a mesa “non podemos votar unha moción a cegas e sen datos” explicaba bernardo Crespo “Campa”. Pola súa banda, os socialistas cualificaban a proposta de “despropósito por pedirnos o apoio para un traslado da depuradora sen reunirnos previamente e sen presentar informes técnicos” Os populares entende que o voto en contra a esta moción só busca “obstaculizar a labor do goberno impedindo que Redondela deixe de ter malos cheiros”.    

Carmen Amoedo PP
Defende a solicitude de traslado
Oposición en contra
Todos os grupos amosaron a súa oposición a unha moción que carece de informes
Xoan Carlos González BNG
Criticaba o investimento de 200.000 euros que non serviu para nada
Bernardo Crespo Campa AER
Rexeitan apoiar unha moción a cegas
Eduardo Reguera PSOE
Cualifica a petición de despropósito
Carmen Amoedo PP
Acusa a oposición de obstaculizar a labor do goberno

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará