Dentro da programación teatral que organiza a Concellería de cultura inclúense tres obras de teatro afeccionado que se representarán no Multiusos da Xunqueira en tres sábados consecutivos. A primeira proposta este sábado día 29 ás 20:00 horas correrá a cargo do grupo Lúa Chea quen presentará unha comedia de enredo apta para todos os públicos. A entrada é de balde.
A historia comeza coa preparación dunha desexada viaxe de vacacións dun grupo de veciños organiza polo concello á que por diversas circunstancias só acudirán mulleres. O director Manuel Solla, adianta que haberá un xiro inesperado. A Grupo Lúa Chea está formado por 14 persoas de idades que van dende os 20 aos 80 anos e que teñen no teatro a súa afección principal. Confía que esta comedia de enredo faga as delicias do público.