Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR Rodavigo mantén vivo o soño

RR_Noticias

As xogadoras redondeláns son unha semana máis líderes do grupo logo de impoñerse en terras canarias ao Morro Jable. Mentres, o Rodosa Chapela non puido co Oviedo. Na categoría masculina a SAR Plastic Omnium empatou co OAR e o Chapela perdeu co Magope Seis do Nadal.

División de Honra Prata Feminina
Morro Jable 23-28 Rodavigo SAR
As xogadoras de Elisardo Covelo “Chini” seguen en racha unha semana máis, e manteñen o liderado logo da vitoria en terras canarias. As redondelás remontaron un marcador adverso de tres goles para irse ao descanso gañando dun gol. Unha vantaxe que ampliarían na segunda parte ata o 23-18 final. A Rodavigo SAR defenderá o liderado esta fin de semana en Redondela ante un dos equipos chamados a estar no máis alto da táboa, o Carballal, segundas do grupo.
Rodosa Chapela 24-28 Ansa Oviedo Bm. Feminino
As xogadoras de Chapela seguen con dificultades na categoría, ao que se sumou a descualificación de Lara Pahino e a mixta sobre Emma. Unha derrota que as mantén no pozo da táboa. A próxima xornada teñen unha complicada vaixe para medirse ao Xixón, terceiras.
Primeira Nacional Masculina

Seis do Nadal 30-28 Rodosa Chapela
Derrota dos de Fran Teixeira nun encontro no que comezaron gañando. Pero os de Coia nunca se deron por vencidos O Magope Seis do Nadal demostrou que os partidos hai que loitalos até o final. O Chapela púxose por diante cun 0-4 inicial, pero a falta de dez minutos o Magope conseguiu unha poñerse por diante. O Rodosa Chapela, que agora é 3º, recibe o sábado ao Bueu.
SAR Plástic Omnium 27-27 OAR Coruña
Os de Carlos Rey deixaron escapar unha vitoria importante logo dun encontro que comezaron dominando. Cun 4-0 de principio foi aos poucos facéndose co partido. Ata que no últimos cinco minutos o OAR Coruña foi capaz de darlle volta ao marcador e colocarse por diante. Un gol de Carlos puxo o definitivo empate para salvar, polo menos, un punto. O empate permítelles situarse no ecuador da táboa. O sábado xogan na pista do Teucro, un punto por riba dos redondeláns.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará