A actividade, organizada pola Concellería de Medio Ambiente, realizarase unha vez haxa un mínimo de persoas interesadas polo que se convida aos que o desexen a anotarse chamando ao 986-400300 departamento de medio ambiente o enviando correo a medioambiente@redondela.es.
Unha iniciativa que busca unha maior implicación do veciños na xestión do lixo orgánico xerado nos fogares como restos de alimentos, verduras, froitas, restos de podas… lixo que serve para elaborar compost ecolóxico para uso doméstico pero tamén co obxectivo de minimizar as toneladas de lixo que acaba nos contedores tendo que se trasladado a Sogama para a súa incineración. Lembran dende a concellería que de non reducir este lixo haberá que adoptar medidas máis drásticas como o aumento da taxa do lixo ao verse o concello sometido a sancións europeas por non cumprir cos obxectivos de redución que se establece dende Europa.