Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG denuncia o perigoso estado da baixada a Comboa e solicita melloras na seguridade viaria

RR_Noticias

Un vial moi transitado que, segundo denuncian dende o partido nacionalista, presenta graves problemas de seguridade que supoñen un perigo evidente para os usuarios. O principal problema sería a existencia dun noiro de varios metros sen ningún tipo de barreira de protección.

A estrada de Comboa é un vial moi transitado no concello xa que é o camiño empregado polos veciños que viven en Vela, na propia Comboa e mesmo por outros que empregan este vial para acceder a Ponte Caldelas e Ponte Sampaio. Ademais, trátase dunha estrada na conduce á ponte e ao río, na que existen negocios hostaleiros e mesmo unha casa do pobo, o que incrementa a densidade de tráfico. O problema é que nunha das marxes hai un terraplén de varios metros sen ningunha medida de seguridade, o que supón un perigo evidente para a veciñanza. A isto hai que engadir que é unha zona na que é habitual a presenza de grava, follasca e, no inverno, xiada, o que fai que os perigos para os condutores se multipliquen exponencialmente.
O edís do BNG rexistraron unha moción na que solicitan que se implanten con urxencia medidas de seguridade nese tramo. Critican ademais que a actuación realizar nesa zona por parte do goberno local presentara “serios problemas de transparencia e legalidade de tal dimensión que disparou o orzamento inicial e incluso a interventora puxo reparos á hora de realizar os pagos”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará