Coa derrota de onte en Santa Mariña o Choco acumula seis xornadas sen gañar. Os equipos dos dous irmáns Montes chegaban aos partido necesitados de puntos, pero a sorte estivo do lado do Alondras, que anotou o único gol do encontro nunha das súas escasas ocasións, mentres o Choco volveu fallar nun partido pouco vistoso.
Terceira División
Choco 0-1 Alondras
Os irmáns Marcos e Jacobo Montes enfrontáronse onte no campo de Santa Mariña nun encontro no que Choco e Alondras medían as súas series negativas e saíu gañador o equipo do Morrazo, que tivo a sorte xusta para levar a vitoria. Na primeira metade tratou de dominar o Choco, pero o grao de coñecemento que teñen un equipo do outro é tal, que non hobo marxe para a sorpresa. O que deixou un partido pouco vistoso para os afeccionados que presenciaron o encontro en Redondela. A única ocasión clara tívoa Pablo Couñago para os cangueses. Cortegoso impúxose e enviou o balón a córner. Na segunda metade, o Alondras subiu a súa liña de presión e chegou máis, pero sen gran perigo ata que o despexe dun saque de esquina caeu na frontal. Borja Peña disparou, pegou nun futbolista e Cortegoso chegou a tocar o balón, pero sen o suficiente para despexalo. O tanto suboi ao marcador e resultou definitivo. O Choco continúa en zona de descenso tras seis xornadas sen gañar. Pola súa banda, o Alondras rompe a súa traxectoria negativa de seis partidos. Na próxima xornada o Choco xoga no campo do Castro, tamén en apuros, un posto por riba dos redondeláns.
Choco: Cortegoso, Gonzalo (Molinos, min. 75), Yago Vázquez, Lucas, Gándara, Alberto Suárez, Rober, Gabi Misa, Félix (Oki, min. 70), Marcos Pérez (Richi, min. 84), Óscar Pérez.
Alondras: Martín, Rubén Comesaña, Carminati, Fiuza, Agujetas, Pena, Joni (Yerai, min. 58), Óscar Fondevila, Álex Gómez, Mauro (Abel, min. 80), Pablo Couñago (Andrés, min. 76).
Gol: 0-1, min. 56: Borja Peña.
Árbitros: Alejandro Castro Alarcón. Mostrou cartolina amarela a Marcos Pérez e Lucas polo Choco e a Agujetas polo Alondras.
Segunda Autonómica
Rancing de Castrelos 1-1 Choco B
O filial do Choco é quinto, logo do empate no Monte da Mina ante o Racing de Castrelos. Na próxima xornada reciben A Guía, da parte baixa da táboa.
Caldas 3-1 Arcade
Os de Soutomaior regresan á metade baixa da táboa logo da derrota no campo do Caldas. Na próxima xornada reciben ao Moraña, situado nas últimas posicións do grupo.
Terceira Autonómica
Balaídos 1-1 Chapela
Javi Posada adiantou ao Chapela na segunda metade, pero o Balaídos non se deu por vencido e acadou o empate con gol de Yosué. Con todo, o empate do Teis, permítelle seguir mantendo o liderado xunto ao equipo vigués. A próxima xornada o Chapela podería perder esta posición, xa que ten xornada de descanso, mentres o Teis recibe ao Casablanca.
Gondomar 3-0 Peña Beretes
O Beretes Chapela non sae do pozo da táboa logo da derrota en Gondomar. A próxima cita será en Chapela ante o Coia.
Lavadores 1-1 At. Vilar
Os de Vilar perderon dous puntos importantes ao non sentenciar a vantaxe que tiñan ante o equipo vigués. Os redondeláns adiantáronse na metade da segunda parte do encontro. Pero na recta final do encontro o Lavadores igualou o marcador. A próxima xornada recibirán en Redondela ao Gondomar.
At. Cuntis 0-2 Cesantes
Canario, na primeira parte, e Manu, na segunda, déronlle o triunfo ao Cesantes no campo do A Ran, en Cuntis. Un resultado que permite ao equipo redondelán igualar ao líder, o Salcedo. A próxima xornada recibe ao Campaño, da metade baixa da táboa.