Por primeira vez 7 supermercados do noso concello súmanse a unha iniciativa do banco de Alimentos que conta 150 establecementos adheridos en Vigo, Pontevedra, O Morrazo, Val Miñor, Baixo Miño, O Salnés e Deza. O obxectivo é superar os 300.000 kilos de comida recollidos na edición anterior. As persoas interesadas en sumarse a esta acción solidaria que se realizará os días 25 e 26 deste mes poden poñerse en contacto coa organización no teléfono 986 263022. Celebran tamén unha reunión no auditorio José Figueroa o martes 15 ás 18:30 horas.
O banco de alimentos de Pontevedra aspira a superar as cifras logradas no pasado ano, cando nos dous días de recollida se lograron 300.000 kilos de alimentos. “Non se trata de bater ningún record” explica o residente do ONG, Pedro Pereira “senón de volver encher o noso almacén de onde cada día saen máis de 3000 kilos de comida para axudar a persoas que o necesitan”. Alimentos como aceite, galletas, convervas… e todo tipo de produtos non perecedoiros. Ademais da solidariedade dos veciños á hora de doar eses produtos os promotores precisan de voluntarios que estean nos puntos de recollida nos dous días nos que se realizará a campaña. En Redondela estiman que para atender os puntos que se instalarán en 7 supermercados (Eroski, os 3 centros de Froiz, Dia, Familia e Mercadona) é necesaria a colaboración de 125 voluntarios que se encargarán de repartir información, recoller alimentos e clasificalos en caixas. Os interesados en colaborar poden anotarse na páxina web da asociación, no teléfono 986263022 ou achegarse á charla que celebran o vindeiro martes día 15 no auditorio José Figueroa ás 18:30 horas. Unha acción solidaria apradriñada nesta ocasión polo xornalista Fernando González “Gonzo”.