Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco cava máis fondo

RR_Noticias

Non foi un bo partido o do Choco no Novo Municipal do Castro, e os redondeláns perderon a oportunidade de marcar distancias ante un rival directo. O obxectivo da permanencia está agora a cinco puntos de distancia. Mellores resultados en Segunda Autonómica, con vitoria do Choco B e do Arcade ante A Guía e Moraña, respectivamente.

Terceira División
Castro 2-1 Choco
Os locais impuxéronse nun partido que era trascendental na pelexa pola salvación. O Castro fixo un encontro máis intenso e superou a un Choco que non amosou o seu mellor xogo. Os goles de Vicente e Iván González puxeron por diante aos locais. O Choco tentouno nos minutos finais, con Silva xa sobre o céspede para anotar de penalti un gol que recortaba distancias no minuto 88. O tempo de prolongación serviu para incrementar os ataques ofensivos dos redondeláns, que reclamaron outra pena máxima. Pero o árbitro non a sinalo nada. Con esta derrota o Choco afúndese na penúltima praza da táboa. A situación complícase para os de Marcos Montes, que ven como aumenta a distancia que os separa dos equipos que teñen por riba. Pero non hai tempo para as lamentacións. A próxima fin de semana teñen outro partido importante. Será no campo de Santa Mariña ante As Pontes, equipo que está empatado a puntos con eles na clasificación. Unha vitoria serviría para alivar un pouco a súa situación na clasificación.
Segunda Autonómica

Choco B 2-1 A Guía
O filial redondelán volveu gañar tras catro empates, e fíxoo ante os vigueses da Guía, que se adiantaron no marcador. Pero os locais non biaxaron os brazos e Eloy foi o protagonista do encontro. Foi o autor do gol do empate e tamén do da vitoria. Na próxima xornada xogan ante o Salvaterra, un posto por riba dos redondeláns.
Arcade 2-1 Moraña
O Arcade afiánzase na metade da táboa logo da vitoria ante o Moraña, unha situación que podería mellorar a próxima xornada, cando visitan o campo do pechacancelas, o Deiro.
Terceira Autonómica
Chapela, xornada de descanso. Retoma a liga en Chapela ante o Alcabre, un dos colistas do grupo.
Peña Beretes 2-1 Coia
O Beretes Chapela mellora a súa agónica situación logo de colleitar a primeira vitoria da temporada, e ademais ante un dos equipos duros do grupo, o Coia. A próxima xornada visitan un campos complicado, o do Vincios.

At. Vilar 0-0 Gondomar
Reparto de puntos nun encontro sen goles en Vilar. Na próxima xornada a cita é en Vigo, ante o Coia.
Cesantes 3-1 Campañó
O Cesantes segue coa súa boa racha, e impúxose ao Campañó con goles de Manu, Xaime e Kalú. A expulsión dun xogador do equipo visitante favoreceu aínda máis os intereses dos redondeláns, que agora son líderes empatados a puntos co Salcedo. O domingo volven xogar na casa, ante o Santomé, da parte baixa da táboa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará