A voceira do goberno local, Carmen Amoedo, asegura que en canto se tivo coñecemento de que esta empresa estaba a traballar na colocación das luces “paralizouse de inmediato”. Asegura que todo responde a un malentendido “a empresa deu por feito que ao ter presentado a oferta máis económica ía ser a adxudicataria, pero a decisión aínda está pendente dun informe do arquitecto”. Os socialistas denunciaron este feito que cualificaron de “extrema gravidade”.
A empresa que fixo a proposta máis económica para o Concello entendeu que a adxudicataria ía ser ela, por iso comezaron a colocar o alumeado. “Foi todo un malentendido” explica a voceira do goberno local Carmen Amoedo, quen engade que de xeito inmediato en canto se tivo coñecemento procedeuse a paralizar a instalación, de feito a empresa colocou tan só 6 arcos de luces”. A adxudicación está pendente dun informe do enxeñeiro e está previsto que quede resolta na xornada de hoxe. En caso a adxudicataria sexa outra empresa procederán a retirada das luces xa colocadas”. O PSOE denunciaba este feito, que cualificaban de extrema gravidade, ao considerar “que o goberno se salta os procesos administrativos de contratación”. Amoedo insiste en que foi un malentendido e cualifica este proceso de contratación como “moi beneficioso para as arcas municipais, ao pasar de 56.000 euros a 32.000 o que vai custar a colocación do alumeado para as festas do Nadal, Choco e Coca”.