Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Rodavigo SAR recupera o liderado

RR_Noticias

A vitoria das redondelás ante o Tejina e a derrota do Oviedo, que arrancaba a xornada como líder, devolve a primeira praza ao Rodavigo SAR. A nota negativa pona o Rodosa Chapela, que perdeu na súa visita a Valladolid. No balonmmán masculino o Chapela impúxose ao Luceros e a SAR Plastic Omnium perdeu en Bueu

División de Honra Prata
Rodavigo SAR 18-12 Tejina
As de Lisardo Covelo “Chini” recuperan o liderado grazas á súa vitoria en Redondela e á derrota do Oviedo, anterior líder. Ademais o Carballal non conseguiu pasar do empate en Canarias. Agora nun só punto agrúpanse os cinco primeiros clasificados do grupo A da División de Honra Prata Feminina. Catro deles están empatados a 12 puntos tras a disputa de oito xornadas. Pero por riba de todos eles está a SAR, grazas á súa vitoria de onte en casa ante o Tejina Tenerife (18-12). As redondelás, cos seus 13 puntos, recuperan a posición punteira que perdera a semana pasada ao encaixar en Palencia a súa primeira derrota da tempada. O conxunto local demostrou a súa solidez nun partido escaso en goles. O marcador con 6-5 no descanso supuxo a culminación da remontada local, despois de que o Tejina comezase cun 0-3 a favor. Unha vez por diante, as mozas de “Chini” aumentaron a eficacia e duplicaron os goles para gañar con claridade 18-12.
Valladolid 29-25 Rodosa Chapela
As chapeleiras perderon (29-25) na súa visita a un rival directo como o Cistérniga Valladolid, e seguen penúltimas. Só hai un descenso, e deberán pelexar ata o final para manter a categoría. A próxima fin de semana vivirase en Chapela un partido moi especial, o derbi local entre ous dous equipos de Prata. O Rodosa Chapela-Rodavigo SAR, cos dous equipos do municipio nunha situación moi dispar na táboa.
Primeira Nacional Masculina

Chapela 33-26 Luceros
O Luceros puxo onte as cousas difíciles ao Rodosa Chapela, que ao final acabou gañando. Os de José Figueroa completaron un gran primeiro tempo, concentrados e concedendo poucos erros. Froito desa intensidade chegaron a gozar dunha vantaxe de 7-11, aínda que ao descanso o Chapela xa gañaba 13-12. No segundo tempo o Luceros tivo problemas para manter ese ritmo e o conxunto local empezou a facer dano cos lanzamentos exteriores de Pablo Vidal Estévez. Os cangueses tentaron remontar case á desesperada, o que serviu as de Teixeira para aumentar a súa vantaxe até o 33-26. Na cuarta praza a próxima xornada o Chapela viaxa a Lalín para xogar cun dos seus rivais directos, o terceiro clasificado, co que están empatados a puntos.
Atl Bueu 24-21 SAR Plástic Omnium
Os de Carlos Rey non puideron co Bueu, que se impuxo na súa pista, deixando á SAR na 12ª posición da liga. A próxima fin de semana os redondeláns volven xogar fóra. Será en Vigo ante o Seis do Nadal, que está un posto por debaixo da SAR.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará