Ata o vindeiro mércores 30 de novembro está aberto o prazo de presentación de instancias para entrar a formar parte dunha bolsa de traballo de ordenanzas convocada polo Concello. As bases da convocatoria están a disposición dos interesados no departamento de persoal ou na páxina web www.redondela.gal.
Os aspirantes deberán superar dúas probas, unha de carácter teórico e outra de tipo práctico. Na primeira deberán amosar os seus coñecemento a través dun exame tipo test de 24 preguntas referentes a un temario integrado por dez temas. A proba práctica consistirán na resolución dun ou varios supostos relacionados coas funcións propias de ordenanza.