Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CIM de Redondela atendeu a 25 vítimas de violencia de xénero no que vai de ano

RR_Noticias

Actualmente hai 25 mulleres que teñen en marcha diferentes procesos por seren vítimas de violencia por parte das súas parellas ou ex parellas. Ordes de afastamento, medidas de protección, vixilancia por parte dos axentes da policía, denuncias, atención psicolóxica e xurídica, situacións diversas que afectan a veciñas do noso municipio e que son atendidas polo persoal do Centro de Información ás Mulleres (CIM) dependente da concellería da Muller. Para visibilizar este feito dende o departamento organizan diferentes actos que mañá venres, Día Internacional contra a violencia de xénero, centraranse nun acto institucional ás 12:00 na praza do Concello.

Unha actividade que contará co alumnado do Instituto de Chapela encargado de ler o manifesto en contra da violencia de xénero. A continuación realizarase unha cadea humana e unha homenaxe ás vítimas. Un programa de actividades que se completa con diferentes proxeccións cinematográficas, tamén no venres ás 18:00 horas no Círculo Cultural deportivo de Cesantes coa película Tierra de Ángeles e o sábado ás 17:00 horas con La bicicleta verde na sede da asociación de veciños de San Esteban de Negros. Este ano préstaselle tamén especial atención aos escolares con obradoiros lúdico educativos que se desenvolverán o propio día 25 en Porto Cabeiro e o 9 de decembro en Cedeira e que queren alertar, a eses rapaces preadolescente de 5º e 6º de primaria, desa violencia machista que tamén está presente en idades moi temperás moitas veces a través das redes sociais e os móbiles. O obxectivo deste programa de actividades é dar visibilidade a unha violencia que está presente na sociedade e que é preciso atallar coa axuda de todos. Cómpre apoiar as vítimas para que denuncien e se acheguen a servizos como o CIM, onde se lles da unha atención integral que pasa pola atención xurídica, psicolóxica e laboral. Un servizo que en Redondela realiza ao redor de 100 intervencións psicolóxicas por situación diversas que pasan pola violencia de xénero pero tamén atención a mulleres que se atopan en situación complicadas por cuestións económicas, laborais ou sociais. Lembrar que existe ademais o número 016 para as maltratadas que non deixa rastro no teléfono nin na factura.  

Teresa París edil de Igualdade
O CIM atende a 25 mulleres vitimas da violencia
Dar visibilidade
Un programa de actos que o día 25 céntranse no manifesto institucional

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará