Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un concerto de cine en Chapela para celebrar Santa Cecilia

RR_Noticias

A Banda de Música de Chapela presentará este sábado ás 19:00 horas un novo concerto baixo o título “Santa Cecilia de Cine e Música” para celebrar o día da patroa dos Músicos. Para este evento elixiron un repertorio de cine con bandas sonoras como o Rei León, Harry Potter, Star Wars e A vita e bella, entre outras. Ao tempo que soa a música destas películas proxectaranse diferentes escenas das cintas seleccionadas. Un concerto diferente destinado a toda a familia e no que se poderá apreciar a importancia da música no cine, e destinado a toda a familia.

O concertó estará dirixido pola batuta do director e compositor  Andrés Álvarez  que recentemente acudió a  gala dos premios Hollywood Music in Media Awards (HMMA) celebrada na noite do 17 de noviembre en el Fonda Theatre de Hollywood, Los Ángeles (California) para recibir a Mención de Honra pola súa composición Symphonic Sketches.
Ao finalizar o concerto, e como xa e tradicional nesta data, farase a presentación dos novos músicos que pasarán a formar parte da Banda de Música de Chapela.
A actividade, con entrada de blde, desenvolverase o sábado 26 ás 19:00 Horas no auditorio do Multiusos de Chapela, con entrada libre ata completar o aforo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará